Para quen

Coro infantil: nenos e nenas a partir de 6 anos aos que lles guste cantar.

Banda infantil: nenos e nenas de 8 a 12 anos que toquen instrumentos de vento, percusión, piano, violonchelo ou contrabaixo.

Onde? Cando?

Os ensaios realizaranse todos os venres na sede da Banda Filharmónica:

  • Coro infantil: 18:30 – 19:30h
  • Banda infantil: 19:30 – 20:30h
Calendario
  • Matrícula: 31.08.2026 – 11.10.2026
  • Presentación e inicio das actividades: 11 de setembro de 2026
Canto custa?

Para poder participar nestas novas actividades da asociación é necesario facerse socio e abonar unha única cota familiar anual de 120€.

O ingreso debe realizarse antes do día 11 de outubro:

  • Número de conta: ES57 3070 0001 21 61 22769422
  • Concepto: Cota socio – Nome titor/a legal

A matrícula realizase a través dun formulario de Google.

É necesario estar rexistrado cunha conta de Google para poder completalo xa que se debe achegar documentación durante o proceso. Dita documentación consiste en imaxes de:

  • DNI do titor/a legal.
  • DNI do neno/a ou Libro de Familia.

Estes documentos, xunto con todos os datos que se solicitan, son necesarios para poder federar aos nenos/as na Federación Galega de Bandas Populares.

É necesario realizar unha matrícula por cada un dos nenos/as aínda que sexan irmáns.

No caso de piano, as prazas están limitadas a 4, outorgándose por rigorosa orde de inscrición. Ademáis, para esta especialidade, esixirase un nivel mínimo de 2º de Grao Elemental con lectura fluida en clave de sol e fa.

Pulsa aquí

Dúbidas? Mándanolas ao correo: bandafilarmonicalugo@gmail.com