

Coro infantil: nenos e nenas a partir de 6 anos aos que lles guste cantar.
Banda infantil: nenos e nenas de 8 a 12 anos que toquen instrumentos de vento, percusión, piano, violonchelo ou contrabaixo.

Os ensaios realizaranse todos os venres na sede da Banda Filharmónica:
- Coro infantil: 18:30 – 19:30h
- Banda infantil: 19:30 – 20:30h

- Matrícula: 31.08.2026 – 18.09.2026
- Presentación e inicio das actividades: 18 de setembro de 2026 ás 19:00h
- Inicio dos ensaios: 25 de setembro de 2026 ás 18:30h

Para poder participar nestas novas actividades da asociación é necesario facerse socio e abonar unha única cota familiar anual de 120€.
O ingreso debe realizarse antes do día 2 de novembro:
- Número de conta: ES57 3070 0001 21 61 22769422
- Concepto: Cota socio – Nome titor/a legal

A matrícula aínda non está aberta, pero podes deixarnos os teus datos e enviarémosche un aviso en canto comece o prazo de inscrición.
Dúbidas? Mándanolas ao correo: bandafilarmonicalugo@gmail.com
